
Xunqueira, no municipio de Viveiro, celebra as festas na honra á Virxe de Valdeflores desde este venres, 4 de setembro, ata o domingo 6.
As actividades comezarán o venres ás 19:30 horas con misa solemne cantada polo Coro de Valdeflores. A partir das 20:30 haberá festa gastronómica e queimada popular e de seguido, verbena co dúo Venus e Puzzle Animación.
O sábado pola mañá haberá pasacalles co grupo Os Montoxos. Ás 13:30 horas, sesión vermú estendida con Euphoria. Pola tarde será a Festa do Neno con inchables gratuítos. Ás 19:30 celebrarase misa solemne cantada polo Coro de Valdeflores e ás 22:00 horas comezará a verbena con Euphoria e Hermo Truck
E o domingo ás 11:45 horas haberá misa solemne cantada polo Coro de Valdeflores e procesión coa Banda Naval de Viveiro. De seguido, sesión vermú estendida co dúo D'Caché.
A organización, que corre a cargo do colectivo Os da Xunqueira, destaca que haberá “bombas de palenque cada día e sesión de fogos de artificio o sábado á noite” e “campo cuberto con carpa”. Ademais explica: “este ano acompañaranos o bispo de Mondoñedo na misa na honra á Virxe de Valdeflores o domingo ás 11:45 horas. Con nós tamén estará o Coro de Valdeflores, cantando a misa. Ao remate comezará a procesión. Este ano, debido ás obras que están a levarse a cabo na zona, o percorrido será diferente aos anteriores. Iremos da igrexa hasta a rotonda de Verxeles (onde á fonte) e volveremos. Marcará o paso a Banda Naval de Viveiro”.


