A XXVI Ruta Cicloturista Pardo de Cela celebrarase o 22 de outubro con saída desde a praza Conde de Fontao, de Foz.

A vixésimo sexta edición da ruta cicloturista Pardo de Cela celebrarase o día 22 deste mes, domingo, con saída desde a Praza Conde de Fontao, de Foz.

Este evento foi presentado por compoñentes do Club Ciclista Foz e o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira. A saída será ás 9 da mañá desde a praza Conde de Fontao e cubriranse un total de 98 quilómetros.

Desde o Club Ciclista Foz animan a participar nunha ruta “para admirar paraxes, pasar un día de ciclismo en estado puro e gozar da bicicleta fóra de toda competición. O alto da Ermida, O Pereiro, O Cadramón ou Moucide son os puntos que entrañarán máis dificultade, aínda que tamén hai preparadas escapatorias por se hai quen necesita acurtar a ruta. Un domingo para compartir o deporte do ciclismo”.

As inscricións para participar poden facerse en: http://inscripciones.ranckr.com/inscripcion/ruta-pardo-cela