O 14 de xuño serán entregados os premios aos gañadores do IV Concurso de Debuxo Infantil da Festa da Merluza do Pincho de Celeiro.

O 14 de xuño serán entregados os premios aos gañadores do IV Concurso de Debuxo Infantil da Festa da Merluza do Pincho de Celeiro.
 
O pasado 2 de xuño ás 20:00 horas reuniuse no Clube de Remo Celeiro, local social da ACD PENALBA, o xurado do IV Concurso de Debuxo Infantil organizado para a Festa da Merluza do Pincho de Celeiro, edición 2016.
 
Foron 120 os debuxos e carteis presentados dos que o xurado decidiu por unanimidade conceder os seguintes premios:
•PRIMEIRO PREMIO: TRABALLO CONXUNTO DA AULA DE 4º DE E. PRIMARIA DO CEIP PLURILINGUE DE GALDO.
•SEGUNDO PREMIO: INÉS CACHÓN OULEGO. CEIP Pedrosa Latas de Celeiro.
•TERCEIRO PREMIO: INÉS ALONSO OTERO. CEIP Pedrosa Latas de Celeiro.
 
Os premios consistirán en material educativo e serán entregados aos gañadores o 14 de xuño na praza do Náufrago de Celeiro ás 20 horas.