O 3 de decembro Farandoleiras Cabaré porá en escea o espectáculo "Pánico!". Será no Teatro Pastor Díaz, en Viveiro.

O 3 de decembro Farandoleiras Cabaré porá en escea o espectáculo "Pánico!". Será no Teatro Pastor Díaz, en Viveiro.
 
A compañía Farandoleiras presenta o espectáculo Pánico! este sábado, 3 de decembro, ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.
 
Dirixido por Clara Gayo quen tamén é a autora dos textos, o elenco está integrado por Antonio Doldán, Beatriz Vázquez, Bernardino Cope, David Garrido, Elsa Parada, Estela Naranjo, Esther Patiño, Isa Currais, Lara Valcuende, Manu Candamio, María Rei, Marisol Cancio, Natalia Domínguez, Noa Vedia, Noelia Papín, Paula Gallego, Raquel Sánchez, Saleta Vázquez y Yolanda Zapata.
 
Farandoleiras Cabaré volve unha vez máis aos escenarios para ofrecer a súa peculiar visión da actualidade cun espectáculo cheo de humor, teatro e números musicais. Pánico! achéganos ao mundo do terror e a intriga para demostrar que a realidade sempre supera á ficción e que non hai como botar unhas risas para superar calquera medo.