O auditorio de Ribadeo acollerá este sábado, 18 de xuño, o festival de fin de curso da EMMeD, que por primeira vez se poderá seguir en directo a través do facebook da escola.

O auditorio de Ribadeo acollerá este sábado, 18 de xuño, o festival de fin de curso da EMMeD, que por primeira vez se poderá seguir en directo a través do facebook da escola.
 
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo vai camiño de pechar o curso 2015/16. Farao de xeito oficial este sábado, 18 de xuño, a partir das 18:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval, coa celebración do festival de fin de curso que “nesta ocasión está dedicado a temas que triunfaron ao longo dos veráns, e a bo seguro, non pasarán desapercibidas para o público asistente”, segundo explica o director do centro, Hugo García.. 
 
As diferentes agrupacións que pasarán polo escenario do Auditorio Municipal Hernán Naval interpretarán música de grupos e artistas como Geordie Dann, Alaska, Safri Dúo... Hugo García sinala que “será, unha vez máis, un festival que non deixará a ninguén indiferente. Tentaremos sorprender á xente cun festival concebido para que o desfruten non só no plano musical, que por suposto que o farán, senón tamén na ambientación, nos decorados...”. Ademais, como novidade este ano, o festival poderase seguir en directo a través do facebook da escola no seguinte enderezo https://www.facebook.com/EMMeDRibadeo