O Club Deportivo San Ciprián organiza a regata de piragüismo San Ciprián-Cervo, que se celebrará o 2 de xullo no embalse de Río Cobo.

O Club Deportivo San Ciprián organiza a regata de piragüismo San Ciprián-Cervo, que se celebrará o 2 de xullo no embalse de Río Cobo.
 
O Club Deportivo San Ciprián, a través da súa sección de piragüismo, organiza a IV Regata San Ciprián-Cervo no Embalse de Río Cobo o día 2 de xullo, sábado, a partir das 10 da mañá. O evento foi presentado nun acto que contou coa participación do alcalde cervense, Alfonso Villares; o concelleiro de Deportes, José Ramón Soto; un dos adestradores do Club Deportivo San Ciprián, Javier García; e varios nenos e nenas que practican o piragüismo nesta entidade.
 
José Ramón Soto explicou que “como non pode ser de outro xeito, o Concello de Cervo colabora coa sección de piragüismo do Club Deportivo San Ciprián na organización de esta proba, que se disputará o sábado 2 de  xullo a partir das 10:00 horas no Embalse de Río Cobo. A proba está patrocinada pola Deputación Provincial de Lugo, coa colaboración do noso Concello, e da Cruz Vermella. Nesta regata participan os seis equipos da nosa provincia, que son: Club Fluvial de Lugo, Club de Piragüismo Cidade de Lugo, Piragüismo Altruán, de Ribadeo; Kayak de Foz,  Piragüismo Viveiro e, por suposto, o club local, de San Ciprián. Temos unha estimación de  200 palistas repartidos entre as categorías de benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, sénior e veteranos. A primeira proba dará comezo as 10 da maña e nela participarán os máis pequenos da competición, que son os benxamíns e alevíns, mesturados nenos e nenas”.
 
O edil de Deportes engadiu que “o Concello de Cervo hai pouco cedeu dúas piraguas para o club de piragüismo de San Ciprián coa intención de que os nenos do noso concello poidan gozar deste deporte. A sección de piragüismo do Club Deportivo San Ciprián leva xa moitos anos dedicándose a fomentar o deporte base na especialidade do piragüismo con nenos e nenas a partir dos 7 anos. Actualmente conta con tres adestradores titulados que se encargan de coordinar as distintas categorías. O Concello de Cervo é consciente do labor altruísta que os responsables da sección de piragüismo do Club Deportivo San Ciprián levan a cabo durante gran parte do ano con nenos e nenas e por iso dende o Concello queremos contribuír aportando axudando para que isto se poida levar a cabo. E aproveitamos para invitar a todos os nosos veciños e visitantes que se queiran acercar ao Embalse de Río Cobo a presenciar estas probas, xa que todas elas son de carácter gratuíto”.