O Concello de Barreiros organiza unha visita á planta de Sogama e tamén á cidade da Coruña. Será o 22 de decembro. A inscrición está aberta.

O Concello de Barreiros organiza unha visita á planta de Sogama e tamén á cidade da Coruña. Será o 22 de decembro. A inscrición está aberta.
 
Este mediodía presentouse no Concello barreirense á viaxe e visita á planta de Sogama en Cerceda, que organiza a Delegación Municipal de Medio Ambiente. Será o vindeiro 22 de decembro e a inscrición está aberta e pode facerse chamando ao seguinte número de teléfono: 618 75 25 60. A actividade é gratuíta. 
 
O obxectivo segundo explicou o alcalde, Alfonso Fuente, pasa “por fomentar e concienciar á poboación sobre a importante que ten a reciclaxe para o futuro do medio ambiente natural”. Xunto ao rexedor compareceron os concelleiros de Medio Ambiente, José Manuel Gómez, e Obras, Lorenzo Penabad.
 
Tras a visita á planta de Sogama os asistentes participarán nun xantar no Mesón do Vento. O prezo do menú será de 12 euros. E pola tarde achegaranse ata a cidade da Coruña para ver o planetario, entre outras cousas. O regreso a Barreiros está previsto para última hora da tarde.