O Concello de Cervo convoca o IX Concurso de Narración "Carta a un maltratador" con motivo do día internacional para a eliminación da violencia de xénero.

O Concello de Cervo convoca o IX Concurso de Narración "Carta a un maltratador" con motivo do día internacional para a eliminación da violencia de xénero.
 
A Delegación de Asuntos Sociais e Igualdade, que dirixe a concelleira Pilar Armada, convoca a novena edición do concurso de narración Carta a un maltratador con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero.
Nas bases do certame explícase que “o obxectivo desta iniciativa é sensibilizar sobre a igualdade de oportunidades e previr a violencia de xénero. Poderán participar as persoas maiores de 12 anos empadroadas no Concello de Cervo. Cada autor ou autora pode presentar cantos traballos desexe, acompañando cada un deles dunha folla cos seus datos persoais (nome, apelidos, idade, enderezo e teléfono de contacto). As cartas serán en galego e presentaranse no Concello de Cervo ou na Casa do Mar de San Ciprián. O enfoque será libre aínda que sempre relativo á violencia e ós malos tratos no ámbito familiar. Os traballos presentaranse en formato de carta e o seu contido será a mensaxe que se queira transmitir a unha persoa que sexa o suposto maltratador ou maltratadora”.
O prazo de presentación das cartas xa está aberto e remata o 20 de novembro do 2015 e despois o xurado seleccionará unha carta gañadora. O premio serán 100 euros para gastar en calquera establecemento comercial ou hostaleiro do municipio cervense. O autor ou autora da carta gañadora asistirá o día 28 de novembro de 2015 ó acto público en contra da violencia de xénero, que terá lugar no auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián para ler o seu escrito premiado. E todos os traballos quedarán a tódolos efectos en poder do Concello de Cervo, que decidirá sobre o seu uso segundo considere oportuno.