O Concello de Foz convoca o concurso "O que nunca che dixen", con motivo da celebración do Día da Muller.

O Concello de Foz convoca o concurso "O que nunca che dixen", con motivo da celebración do Día da Muller.
 
Con este concurso organizado pola Delegación de Muller, que dirixe a concelleira Mercedes Alonso, preténdese expresar a unha muller (nai, avoa, moza,…) o que nunca se lle dixo. Un agradecemento que deberá plasmarse nunha frase, debuxo ou fotografía cun texto que reflicta un sentimento cara a unha muller. Poderán enviarse as obras a través das redes sociais do Concello de Foz (twitter, facebook ou instagram) ou ben ao enderezo electrónico muller@concellodefoz.es.
 
Neste certame colabora CCA-ACIA Foz doando o premio dun vale por un importe de 100 euros.
As bases do concurso recollen que poderán participar todas as persoas que o desexen sen  límite de idade, o prazo será desde o 8 ata o 18 de marzo e o motivo será dedicarlle a unha muller unha mensaxe a través de calquera destes medios: frase, comentario, carta, debuxo ou fotografía con mensaxe. Cada participante presentará unha obra como máximo e irá acompañada dos seguintes datos: nome e apelidos, idade, enderezo e número de teléfono. As obras pasarán a ser propiedade do Concello de Foz e o fallo do xurado será anunciado nas redes sociais do Concello de Foz así como a través de Radio Foz.