O Concello de Foz ten aberto ata o día 19 deste mes o prazo de inscrición para participar no Certame Cantos de Taberna que se celebrará durante a XII Festa do Berberecho.

O Concello de Foz ten aberto ata o día 19 deste mes o prazo de inscrición para participar no Certame Cantos de Taberna que se celebrará durante a XII Festa do Berberecho.

 

O Concello de Foz abriu o prazo de inscrición para os grupos interesados en participar na terceira edición do Certame de Cantos de Taberna, que se celebrará o día 24 deste mes, sábado, con motivo da XII Festa do Berberecho. Os locais hostaleiros que queiran acoller esta actividade tamén teñen que apuntarse. As inscricións deben facerse na Casa da Cultura focense ou chamando ao teléfono 982.140.675. O prazo rematará o vindeiro luns, día 19.

O concelleiro de Mar, Pedro Fernández Manín, anima aos focenses a formar grupos para participar neste Certame de Cantos de Taberna, como fixeron nas anteriores edicións da Festa do Berberecho, para contribuír á animación do festexo. Este evento gastronómico, que se celebrará do 23 ao 25 deste mes, será pregoado polo xefe do departamento de Cociña da Escola de Hostalería do IES de Foz, Jesús Liste Otero. O programa completo de actividades da Festa do Berberecho 2015 será presentado nos vindeiros días en Lugo capital e tamén en Asturias.