O Concello de Riotorto e Gamesport organizan un campamento de Nadal para nen@s de 5 a 16 anos con múltiples actividades. Dará comezo o 21 de decembro.

O Concello de Riotorto e Gamesport organizan un campamento de Nadal para nen@s de 5 a 16 anos con múltiples actividades. Dará comezo o 21 de decembro.
 
O Concello de Riotorto, xunto coa empresa de servizos Gamesport, organizan o Campamento de Nadal 2015, unha iniciativa chea de actividades de ocio para cativos de entre 5 a 16 anos. Levarase a cabo polas mañás, entre as 10 e as 14 horas, os días 21, 22, 23, 24, 28, 29, 30 e 31 decembro e o 4 e 5 de xaneiro de 2016.
O campamento inclúe un variado programa de lecer, como unha excursión a Xuvenlugo, xogos, unha visita á pista de xeo de Ribadeo, manualidades e outras sorpresas. Para inscribirse hai que dirixirse á Casa do Concello de Riotorto ou chamar ao teléfono 982 34 62 22 ata o 16 de decembro.  O prezo é de 30 euros.