O Concello de Xove e os IES Illa de Sarón organizan un ciclo de cine ambiental e Solidario. Denomínase "Butaca Verde" e terá lugar os días 10 e 15 de decembro.

O Concello de Xove e os IES Illa de Sarón organizan un ciclo de cine ambiental e Solidario. Denomínase "Butaca Verde" e terá lugar os días 10 e 15 de decembro.
 
O Concello de Xove, xunto co IES Illa de Sarón, organizan un CICLO DE CINE AMBIENTAL E SOLIDARIO dirixido a tódolos alumnos/as do Instituto. O Ciclo está patrocinado polo Centro de Extensión Universitaria  e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).
 
O ciclo, denominado BUTACA VERDE, de carácter documental, comprende as seguintes películas: “MARCHA ATRÁS”, “GREEN” E “AMAZONÍA CARBONIZADA”. O lugar das proxeccións vai ser o IES Illa de Sarón, con arranxo aos seguintes horarios:
 
Xoves, 10 de decembro:
      -Ás 09:40 h: “GREEN” para os alumnos de 2º de ESO.
      -Ás 12:50 h.: “GREEN” para os alumnos de 1º de ESO.
      -Ás 13:40 h.: “AMAZONÍA CARBONIZADA” para os alumnos de 4º de ESO.
 
Martes, 15 de decembro:
      -Ás 13:40 h. : “MARCHA ATRÁS” para os alumnos de 3º de ESO.
 
A intención de realizar este ciclo, tanto por parte do IES Illa de Sarón como por parte do Concello, é a de concienciar aos nosos xoves no cuidado e protección do noso medioambiente, e isto a través de medios audiovisuais tan interesantes coma os documentais.