O ex alcalde de Foz José Mª García Rivera será o pregoeiro das Festas do Carme da vila, que comezarán o 14 de xullo.

O ex alcalde de Foz José Mª García Rivera será o pregoeiro das Festas do Carme da vila, que comezarán o 14 de xullo.
 
O ex alcalde de Foz José María García Rivera será o pregoeiro das Festas do Carme da vila, que comezarán o día 14 de xullo.
 
O actual rexedor focense, Javier Jorge Castiñeira, anunciou hoxe que “iniciado o mes de xullo toca anunciar por parte do Concello de Foz e en nome tamén da comisión organizadora das Festas do Carme 2016 que o pregoeiro será José María García Rivera, que foi alcalde de Foz durante 16 anos”.
Javier Castiñeira explicou que “entre a comisión e o propio equipo de goberno pensamos que era lóxico e de xustiza que unha persoa que dedicou dezaseis anos ao servizo do pobo como alcalde debe ter un recoñecemento. Unha festa tan importante para Foz, como é a do Carme, sabemos que tamén o é para Rivera, pola súa devoción e polo seu cariño á xente do mar e o que significa a Virxe do Carme e estas festas para a poboación de Foz. É un dignísimo pregoeiro e este recoñecemento creo que foi moi ben aceptado tamén por parte de Rivera”.
 
O alcalde quere “convidar a todo o mundo a que asista ao pregón, que será o xoves día 14 deste mes sobre ás 20:30 horas na igrexa parroquial, despois da misa cantada polo grupo Mar Aberto ao que pertence Rivera. Espero que a xente saiba agradecer coa súa presenza ese labor durante tantos anos de dedicación ao pobo do señor García Rivera, ex alcalde do concello de Foz”.