O Hipermercado Eroski Ribadeo organiza un Certame Infantil de Postais de Nadal. Será o 11 de decembro ás seis da tarde.

O Hipermercado Eroski Ribadeo organiza un Certame Infantil de Postais de Nadal. Será o 11 de decembro ás seis da tarde.
 
O Hipermercado Eroski Ribadeo organiza un Concurso Infantil de Postais de Nadal o vindeiro 11 de decembro, venres, ás seis da tarde. A esa hora están convocados todos os nenos e nenas que o desexen para elaborar as súas postais de Nadal co material que traian das súas casas e que precisen para realizar o traballo. Poden participar nenos de entre 4 e 15 anos, que se dividirán en tres categorías por idades e o gañador en cada unha delas levará un lote sorpresa. Cada cativo debe vir acompañado dun adulto.
Eroski Ribadeo nomeará un xurado para escoller a postal máis orixinal, creativa, os mellores motivos de Nadal e a mellor elaborada por cada categoría. Ademais dos traballos seleccionados e premiados, todos os participantes levarán un obsequio.
O tempo para preparar a postal comezará as 18 horas e rematará ás 19:45. O nome dos premiados farase público ás 20 horas.