O médico e divulgador sanitario Antonio Palomar estará en Cervo este venres, 17 de abril, no salón de plenos do Concello para participar nunha charla coloquio.

O médico e divulgador sanitario Antonio Palomar estará en Cervo este venres, 17 de abril, no salón de plenos do Concello para participar nunha charla coloquio.
 
Organizado pola asociación de consumo ecolóxico Karrikanta e a asociación Airiños do Xunco de Cervo , coa colaboración do Concello de Cervo , durante os días 16 e 17 estará na Mariña o medico e divulgador sanitario Antonio Palomar para presentar e falar de “Alimentación inteligente y cocina saudable”.
Antonio Palomar ( Getxo , 1959) é médico e divulgador sanitario. Desde hai 30 anos dá conferencias e cursos sobre nutrición, alfabetización emocional e educación para a saúde. Colaborou coas revistas Integral e Natura Medicatrix e o xornal Diagonal . Desde 1986 traballa en Sumendi, asociación pola auto-xestión da saúde. Éé coautor de Psicopolis ( Kairós ). En Txalaparta publicou La despensa de Hipócrates . Os poderes de curación dos alimentos, A sabedoría de Higea. O poder de curación do corpo".
Antonio Palomar estará o 16 de abril ás 20:30 horas na Librería Bahía en Foz. E o 17 de abril ás 19 horas no salón de plenos do Concello de Cervo, onde participará nunha charla-coloquio, que rematará cunha cea co autor. As persoas interesadas en participar na cea poden poñerse en contacto no teléfono do restaurante Almacén, en Cervo:  982 55 78 36.