O Museo Provincial de Lugo acolle ata o 30 de outubro unha exposición do artista mindoniense Xosé Vizoso. Son 50 carteis realizados desde a década do 70 ata hoxe.

O Museo Provincial de Lugo acolle ata o 30 de outubro unha exposición do artista mindoniense Xosé Vizoso. Son 50 carteis realizados desde a década do 70 ata hoxe.
 
A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, o artista mindoniense Xosé Vizoso, autor da obra que se presenta, e o cronista oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa, inauguraron este luns no Museo da Deputación a exposición de carteis que leva por titulo XoséVizoso, Carteis (1970-2015). que poderá verse ata o 30 de outubro. A entrada a esta exposición é gratuíta, e o horario para visitala é de luns a venres: dende 9:00 ata ás 21:00 horas. Os sábados de 10:30 a 14 horas e de 16:30 a 20 horas. E os domingos e festivos dende ás 11 ata ás 14 horas.
 
García Porto remarcou que a obra de Vizoso “forma parte da esencia da cultura galega. A súa inxente obra convérteo no cartelista vivo galego con máis recoñecemento grazas ao seu traballo constante e a súa pegada persoal. Mondoñedo pode sentirse orgullosa de ter entre os seus veciños a un dos artistas máis comprometidos coa cultura deste país, e que mellor sabe recoñecer a esencia da paisanaxe galega”, resumiu.
 
50 carteis dende os ano 70 ata hoxe
A mostra esta composta por unha selección de máis de 50 carteis realizados polo autor dende os anos 70 ata hoxe. Os protagonistas destas obras son as festas das San Lucas do seu Mondoñedo natal, a queimada de Cervo, ou as festas de Santa Minia no concello coruñés de Brión onde reside. Esta colección de carteis exhibiuse por primeira vez no ano 2014 en Mondoñedo onde se realizou a súa primeira retrospectiva, despois trasladouse a varios Concellos como Brión, Rianxo, e actualmente pode verse en Lugo ata o 30 de outubro.
 
Discípulo de Díaz Pardo e Seoane
Xosé Vizoso (Mondoñedo, 1950), estudou na súa terra natal o bacharelato, alí foi foi onde se iniciou ao debuxo co escultor valenciano e profesor de Instituto, JuanPuchades. No ano 68 asistiu a un curso de formación no Castro de Samoedo para a fábrica de Sargadelos onde foi seleccionado polo propio Díaz Pardo, e coa que levantaron esta industria cultural que iniciaron o propio Díaz Pardo e Luís Seoane. A obra de Vizosoforma parte dos sinais de identidade da Galicia da segunda metade do s. XX.O autor creou decenas de pezas de cerámica, deseñou centos de libros e ilustrou moitos deles. Unha das súas últimas ilustracións pertencen ao libro Cantos de sol a sol  de Xosé Neira Vilas.