O pavillón municipal de Xove acolle este xoves, 28 de abril, a conmemoración do día internacional da danza. Trátase dun programa promovido polos IES Illa de Sarón e Marqués de Sargadelos.

O pavillón municipal de Xove acolle este xoves, 28 de abril, a conmemoración do día internacional da danza. Trátase dun programa promovido polos IES Illa de Sarón e Marqués de Sargadelos.
 
Este xoves, 28 de abril, conmemoran en Xove o Día Internacional da Danza cunha serie de actuacións que terán lugar no Pavillón Municipal entre as 12:00 e as 13:30 horas.
 
Actuarán a Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, a Asociación Cultural Saiñas de Xove, o grupo cadete da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Xove e a Escola de baile deportivo Gold Dance. Ademais dos organizadores o IES Illa de Sarón e o IES Marqués de Sargadelos, tamén asistirá alumnado do CEIP Pedro Caselles Rollán de Xove e dos CEIP de Cervo e San Cibrao.
 
Colaboran con esta actividade as Concellerías de educación dos Concellos de Xove, Cervo e Ribadeo.