O prazo para participar no certame de postais de Nadal organizado polo Concello de Cervo está aberto ata o 23 de novembro. Está dirixido a nenos de Infantil e Primaria.

O prazo para participar no certame de postais de Nadal organizado polo Concello de Cervo está aberto ata o 23 de novembro. Está dirixido a nenos de Infantil e Primaria.
 
O Concello de Cervo convoca un ano máis o certame de postais de Nadal, que este ano chega á súa 16ª edición, dirixido a nenos e nenas alumnos de Infantil e Primaria do municipio. Os traballos poden achegaranse á Casa do Mar de San Ciprián ou á Casa do Concello de Cervo ata o 23 de novembro e terán que presentar unha temática de Nadal, con técnica libre en cartolina tamaño folio.
Haberá tres modalidades en función da idade dos participantes: de 3 a 5 anos, de 6 a 9 e de 10 a 12. Entre os tres finalistas o Concello escollerá a que felicite o Nadal oficialmente a outros concellos e institucións, sempre e cando cumpra as condicións para unha boa reprodución na imprenta. O fallo do xurado farase público o día 30 este mes.
A concelleira de Educación, Cultura e Xuventude, Dolores García Caramés, espera que esta actividade “anime aos nenos e nenas a desenvolver a súa imaxinación e creatividade. O Nadal é unha época que lles gusta moito e esa ilusión plásmana moi ben nas súas postais. Tamén teñen unha motivación máis, que é a posibilidade de que a súa postal sexa a que o Concello utilice para felicitar o Nadal. É unha tradición  no Concello que ten moita acollida. Todos os nenos reciben un agasallo por participar, ademais dos premiados”.