O Quinteto Nuestro Tiempo presenta en Ribadeo o espectáculo "Tango Nuestro" o vindeiro domingo, 12 de abril. Será no auditorio Hernán Naval.

O Quinteto Nuestro Tiempo presenta en Ribadeo o espectáculo "Tango Nuestro" o vindeiro domingo, 12 de abril. Será no auditorio Hernán Naval.
 
O espectáculo Tango Nuestro preséntase este domingo ás 20.30 horas no auditorio Hernán Naval recompilando unha ampla variedade de obras dos máis representativos mestres do xénero musical por excelencia do Río de la Plata. 
O  Quinteto Nuestro Tiempo,  especialista en pezas de Astor Piazzolla abre o abano para despregar composicións de distintas épocas e estilos achegando a esencia do sentir cidadán que abrangue non só a música senón tamén o estilo, o testemuño documental e por suposto a danza interpretada pola arte e a sensualidade de Carina Lucca e Leonardo Mosqueda. 
Os músicos e bailaríns son arxentinos, a excepción da rusa Vera Pavlova, que executa o piano, e o contrabaixo no que estará o uruguayo Diego Zecharies. Pola súa banda, o bandoneonista Matías González reside en Buenos Aires e é integrante habitual de formacións de tango como o Sexteto Maior, a orquesta de Leopoldo Federico e Gotan Project. Marcelo González, violinista e Guillermo Bazzola, en guitarra eléctrica , residen en Europa e pertencen a prestixiosas formacións de jazz e orquestras sinfónicas de ámbito internacional.