O salón de conferencias, de Burela, acollerá o 30 de abril unha charla dirixida aos inmigrantes sobre os medicamentos e a súa utilización. Está organizada polo Concello.

O salón de conferencias, de Burela, acollerá o 30 de abril unha charla dirixida aos inmigrantes sobre os medicamentos e a súa utilización. Está organizada polo Concello.
 
O Programa de Atención a Inmigrantes da Concellería de Inmigración e Cooperación organiza unha charla “para sensibilizar á poboación estranxeira en torno a algúns aspectos sociosanitarios importantes para un bo desenvolvemento persoal e social”, segundo explica a edil Angélica Gómez. Colabora co Concello burelés o servizo de farmacia do centro de saúde de Burela. 
 
A charla titulada Los medicamentos no son caramelos, aprendamos a usarlos correctamente será impartida o 30 de abril no salón de conferencias a partir das 19 horas. A concelleira de Inmigración conta que “tratará sobre diversos temas como as vacinas infantís, toma correcta da medicación (anticonceptivos, antibióticos…), nocións básicas sobre a dieta para evitar a diabetes e o colesterol, a importancia de revisión oculares e dentais…”.
 
Angélica Gómez dixo que “con esta actividade o que queremos promover é sensibilizar a educación en saúde, polo que agradecemos a implicación e colaboración do servizo de farmacia do centro de saúde de atención primaria de Burela”.