O tradicional Touporroutou do Entroido de Foz será este domingo, 7 de febreiro na Casa da Cultura. É organizado pola asociación Pomba do Arco.

O tradicional Touporroutou do Entroido de Foz será este domingo, 7 de febreiro na Casa da Cultura. É organizado pola asociación Pomba do Arco.
 
O tradicional Touporroutou estará presente un ano máis no Entroido de Foz. Terá lugar este domingo, día 7, a partires das nove da noite na Casa da Cultura Poeta Manuel María. A Asociación Pomba do Arco organizadora desta actividade convida a todos a asistir para gozar con estas coplas de Entroido.
 
Aqueles que queiran participar poden depositar as súas coplas nas furnas colocadas en diversos establecementos da localidade. Deberán facelo antes da noite do sábado nos bares O Acuario, Anduriña, O Chícaro, A Eskina, A Funcional, O Lar, Leyton, May-Ros, O Muelle Bar, A Rambla e Tutti Frutti.
 
A ironía e a sátira serán os ingredientes primordiais destas coplas carnavaleiras pero dende a organización se advirte que o que non se admitirán son menxases ofensivas ou vexatorias. Poucos serán os temas da actualidade local ou xeral que escaparán á critica das coplas que desfilarán polo Touporroutou este domingo no Entroido de Foz.