Os actos do XXXIII Día do Xubilado organizados polo Concello de Cervo contarán con 600 participantes. Serán o 1 de maio en San Ciprián.

Os actos do XXXIII Día do Xubilado organizados polo Concello de Cervo contarán con 600 participantes. Serán o 1 de maio en San Ciprián.
 
Os actos da XXXIII do Día do Xubilado, que organiza o Concello de Cervo, contarán con 600 participantes. As actividades desenvolveranse o día 1 de maio, domingo, en San Ciprián.
 
A concelleira de Servizos Sociais, Pilar Armada, anunciou que “as 600 persoas anotadas poderán participar nos seguintes actos: ás 13:15 horas haberá unha misa no pavillón municipal, cantada pola coral Terra Mar; ás 14:30 empezará a sesión vermú amenizada por un grupo musical, que terá lugar na Praza dos Campos, onde está instalada unha carpa para o xantar, que se celebrará ás 15 horas. Despois haberá actividades como a elección do solteiro e a solteira de ouro, sorteo de agasallos e baile”.
 
Para os participantes no evento haberá servizo de autobús, que os irá recollendo a partir das 12:15 horas nas respectivas paradas que indicaron cando se anotaron para asistir ao XXXIII Día do Xubilado.