Os Sendeiros de Foz realizará unha nova andaina o 6 de marzo. A ruta discorrerá polas Covas de Andina, en Navia.

Os Sendeiros de Foz realizará unha nova andaina o 6 de marzo. A ruta discorrerá polas Covas de Andina, en Navia.
 
O 6 de marzo Os Sendeiros de Foz realizarán un novo andareiro por terras de Navia, en Asturias. Segundo explican os organizadores “serán dúas rutas pequenas enlazadas, a principal é Covas de Andina, antiga explotación aurífera romana, e a outra nos levará a ollar desde o alto da contorna, todo isto está dentro do parque histórico de Navia”. 
 
Os Sendeiros de Foz engaden que “se trata dun roteiro fermoso e interesante, teremos unha guía que nos explique todo o relacionado coa mina de ouro romana, flora e fauna do lugar”. A saída será o 6 de marzo ás oito da mañá. O derradeiro día para anotarse será o 2 de marzo. Recoméndase levar equipo de sendeirismo.
 
Os teléfonos para anotarse son 670 369 017 ou 676 561 594 ou no email ossendeiros@yahoo.es