Ourelo organiza para o 26 de xullo un obradoiro sobre a muller na literatura e na ciencia. Será na Biblioteca Municipal de Ourol.

Ourelo organiza para o 26 de xullo un obradoiro sobre a muller na literatura e na ciencia. Será na Biblioteca Municipal de Ourol.
 
O grupo de moz@s Ourelo organiza para o vindeiro martes, 26 de xullo, o seu próximo obradoiro, que terá por título A muller na literatura e na ciencia.
 
Neste obradoiro, desde unha perspectiva práctica, coñeceranse ás mulleres que máis destacaron nestes dous eidos. Os asistentes elaborarán un álbum coas biografías e pensamento de mulleres que destacaron na ciencia, na literatura o una mecánica.
 
O obradoiro terá lugar o 26 de xullo entre as 11:00 horas e as 13:00 horas, na Biblioteca Municipal de Ourol. Os interesados poden facer as súas inscricións no teléfono 982 55 90 19.