Pasada das Cabras, de Burela, fará a Ruta dos Acantilados de Loiba o vindeiro sábado, 11 de xullo. A inscrición pódese facer ata o xoves.

Pasada das Cabras, de Burela, fará a Ruta dos Acantilados de Loiba o vindeiro sábado, 11 de xullo. A inscrición pódese facer ata o xoves.
O vindeiro sábado,11 de xullo, a asociación Pasada das Cabras, de Burela, vai facer a ruta dos Acantilados de Loiba13 quilómetros e dificultade baixa. O desprazamento ata Loiba e a volta será en tren. Os prezos serán de 20 € para os socios e de 25 para os que non o son, inclúe billete de tren, comida e seguro. 
 
A saída será ás 7,25 da mañá da Estación de Feve (puntuais, o tren non espera) e o regreso ás 17,05 h., Feve ten as prazas limitadas, asignaranse por orde de inscripción. 
 
Para participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono 982 580 504 antes do xoves día 9 de xullo ás 20,00 h.