Ribadeo acollerá dúas conferencias o 17 de maio para celebrar o día internacional contra a homofobia, a transfobia e a bifobia.

Ribadeo acollerá dúas conferencias o 17 de maio para celebrar o día internacional contra a homofobia, a transfobia e a bifobia.
 
A Agrupación Socialista de Ribadeo celebrará o día internacional contra a homofobia, a transfobia e a bifobia, o vindeiro 17 de maio. 
 
Desde o PSOE sinalan que “no noso partido sabemos ben das dificultades que ten este colectivo para acadar a igualdade de dereitos e temos sido exemplo de acompañamento e defensa do mesmo durante todos os períodos de mandato socialista, acadando o noso maior éxito ata o día de hoxe coa aprobación da Lei do Matrimonio Igualitario o 3 de xullo de 2005.
Pero, por desgraza, non está todo feito. É necesario seguir traballando para que todos e todas, con independencia do sexo, orientación sexual, identidade de xénero, ideoloxías, e un largo etcétera de condicións persoais, sexamos iguales non só perante a lei senón tamén no noso día a día. Por iso, faise necesario visibilizar, normalizar e integrar dunha forma plena ás persoas que conforman o colectivo LGTBI, acompañándoas, defendendo os seus dereitos e esixindo o debido respecto á súa dignidade e á súa integridade”.
 
O Grupo Municipal Socialista de Ribadeo “ven de presentar unha moción no Concello de Ribadeo que ten sido aprobada por unanimidade e que recolle un acordo con diferentes puntos a desenrolar para conseguir unha integración plena e real do colectivo na nosa sociedade. Un dos puntos do acordo presentado na moción facía referencia á celebración do día internacional contra a homofobia, a bifobia e a transfobia, que se celebra o 17 de maio. Este punto foi rexeitado polo goberno municipal por coincidir a data coa celebración do día das letras galegas. 
Nós entendemos que ningunha destas dúas celebracións é excluínte pero, ademais, consideramos necesario empezar a traballar xa na nosa comarca onde, sen ter habido casos de violencia contra este colectivo, tampouco se ten feito nada por el”.
 
E engaden “por iso, temos organizada unha xornada que cremos de moito interese e na que contaremos con dous excelentes conferenciantes: Gonzalo Diz, activista e membro da Asociación LGTBI 7Cores Compostela, e Mariano Beltrán, psicólogo e activista, que nos falarán da importancia do activismo como motor do cambio social e dos prexuízos e estereotipos que afectan ó colectivo e cómo se poden combater”. 
 
As conferencias terán lugar ás doce da mañá no Cine Teatro de Ribadeo e “están dirixidas a todas aquelas persoas que teñan o interese e a vontade de aprender e compartir inquedanzas para converter a nosa sociedade nunha sociedade consciente e respectuosa ca diversidade”.