Festa Campesiña

27/04/2026

A programación para a celebración de O Maio e a Festa Campesiña en Lourenzá, que será este venres 1 de maio no Campo dos Bolos, inclúe xogos infantís, actuacións musicais, xantar popular e unha representación teatral.

As actividades comezarán ás 11:00 horas coa elaboración dos maios no recinto feiral de Vilanova; ás 12:00 haberá xogos infantís organizados pola ANPA do colexio Juan Rey; ás 13:00 horas actuará a Banda ACM Dambara, de Burela, dentro do programa TRADIGALU; e ás 14:00 empezará o xantar popular que organiza a asociación Conde Santo.

Despois da comida, ás 16:30 horas, farase a Saída do Maio desde o recinto feiral para percorrer rúas da vila e rematar no Campo dos Bolos. Estará acompañado pola música da AC Osorio Gutiérrez. Para as 19:00 está programada a entrega de premios aos mellores escaparate, balcón...

leer más
16/04/2026

Organizado polo Concello de Lourenzá e distintas asociacións do municipio, coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo, o día 1 de maio, venres, celebrarase o tradicional desfile do Maio e unha nova edición da Festa Campesiña.

A alcaldesa, Rocío López, destaca que “Lourenzá mantén viva a tradición do Maio, que celebra a chegada da primavera e a fertilidade da nosa terra. É importante preservar esta tradición e transmitila de xeración en xeración facendo partícipes aos mais pequenos. Desde hai uns anos fáiselle coincidir coa Festa Campesiña para resaltar aínda máis ese día tan importante para Lourenzá”.

Ademais a rexedora municipal agradece “a implicación da maioría das asociacións do concello e de todos os veciños e veciñas que ano tras ano fan que non se perda esta tradición tan nosa do Maio e a Magdalena...

leer más
25/04/2025

Organizado polo Concello de Lourenzá e distintas asociacións do municipio, coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo, o xoves día 1 de maio celebrarase o tradicional desfile do Maio e unha nova edición da Festa Campesiña.

A xornada comezará coa elaboración dos maios e a decoración do carro onde irá a Magdalena no recinto feiral durante a mañá. Ás 12 do mediodía abrirán no Campo dos Bolos os postos de artesanía e alimentación. A continuación haberá unha sesión vermú a cargo de Dj Billy, dando paso a un xantar popular. Para as 16:30 horas está prevista a saída do Maio, que desde o recinto feiral percorrerá as distintas rúas da vila para rematar no Campo dos Bolos. Acompañará ao Maio a música de AC Osorio Gutiérrez e Ledicia SCR. Ás 19:00 horas o grupo de teatro Trípode representará a obra A presa. Ao remate entregaranse os...

leer más