Praia de Lago
O Departamento de Deportes e Xuventude do Concello de Xove organiza unha festa acuática na praia de Lago. Será este sábado, día 4 de xullo, a partir das 16:30 horas.
“A diversión do verán chega á Praia de Lago! Este sábado 4 de xullo agardámoste na Praia de Lago (Xove) para desfrutar dunha espectacular festa acuática pensada para toda a familia”, anuncia o Concello de Xove, que especifica que haberá “inchables acuáticos, kaiaks e xogos e actividades na praia. Moita diversión e un ambiente inmellorable! Non perdas a oportunidade de pasar unha xornada inesquecible con amigos e familia”.
O Concello de Xove organiza unha festa acuática na praia de Lago este domingo, día 13 de xullo, a partir das 16:00 horas.
Foi presentada pola tenente de alcalde; Dolores Meitín; a concelleira de Deportes, Cristina Iglesias; e a edil de Turismo, Cecilia Duarte.
“Ven desfrutar dunha tarde de inchables na auga”, anuncia o Concello de Xove.




