Xolo
A Casa da Cultura acolleu a inauguración da exposición de pintura titulada Arte neofuturista, do artista Xosé López Losada, coñecido como Xolo, nun acto “cargado de emoción no que a cor e a creatividade se converteron nas grandes protagonistas”, explica o Concello de Cervo.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e a concelleira de Servizos Sociais, Pilar Armada, estiveron presentes nesta inauguración, acompañando o artista, respaldado por varios dos seus compañeiros e compañeiras da asociación Saúde Mental A Mariña. “Un dos momentos máis especiais da xornada chegou cando o artista agasallou a alcaldesa con dúas das súas obras, nun xesto cheo de afecto que engadiu aínda máis emoción a esta inauguración”, engade o Concello de Cervo e a alcaldesa agradeceu a Xolo que “quixese compartir con todos nós o seu talento e a súa obra”,...
leer másA Casa da Cultura de San Ciprián, no concello de Cervo, acollerá unha exposición de pinturas de Xosé López Losada (Xolo) desde este mércores, día 20 de agosto, ata o 30 de setembro.
“O artista Xosé López Losada (Xolo) tráenos unha selección de obras cheas de cor, creatividade e expresividade. Unha viaxe artística a través de máis de 70 cadros, onde cada peza conta a súa propia historia. Non te perdas a inauguración: mércores 20 de agosto ás 17:30 horas, na Casa da Cultura (San Ciprián). Ven e goza da arte tanto como Xolo o fixo ao creala”, anuncia o Concello de Cervo.
E Xosé López Losada explica: “nacín en Ourol o 8 de abril de 1967. A arte é toda a miña vida. Comeza a miña carreira artística aos 5 anos. Aos 8 anos merco as primeiras acuarelas e fago unha copia dunha obra de Velázquez.
En...
leer más




