Panceparty

19/08/2026

A VI Panceparty celebrarase en Foz, concretamente no Campo da Cabana, este sábado, día 22 de agosto.

A organización explica que a Panceparty “é unha cita gastronómica e festiva que alcanza xa a súa sexta edición e que se consolidou como un dos eventos do verán no municipio. A celebración naceu en 2018 co obxectivo de render homenaxe a un dos produtos máis populares da gastronomía galega, a panceta de porco, e desde entón non deixou de crecer. Ano tras ano a afluencia de público foi en aumento, convertendo a Panceparty nunha cita cada vez máis multitudinaria e esperada tanto por veciños como por visitantes. A programación arrincará ás 13.00 horas cunha sesión vermú acompañada de música en directo. Durante esta primeira parte da xornada tamén haberá servizo de pulpeiro, dispoñible ata as 15.00 horas, para quen queira desfrutar dunha comida...

leer más
Etiquetas:
21/08/2025

O Campo da Cabana en Foz será o escenario da V Panceparty, unha cita gastronómica e musical que terá lugar o sábado 23 de agosto a partir das 20:00 horas.

A festa arrincará xa ao mediodía cunha sesión vermú desde as 13:00 horas, que servirá para ir quentando motores nun ambiente festivo.

Os asistentes poderán gozar de dúas opcións gastronómicas: ración de lagostinos con pan e bebida ou ración de panceta e chourizo con pan e bebida, ámbalas dúas por 12 euros. Os máis pequenos tamén terán a súa propia ración adaptada.

Na parte musical, a xornada estará animada co mellor ambiente grazas ás actuacións de Puzzle Animación, a batucada Peta Pouco e o Dúo Tropical.

As entradas anticipadas xa están dispoñibles a un prezo reducido de 10 euros a través da web...

leer más