traslado

Etiquetas:
04/08/2026

O Concello de Viveiro anuncia que, con motivo da instalación do palco das festas patronais de San Roque na Praza Maior, o mercado semanal cambiará temporalmente a súa localización durante este mes de agosto. Así os mercados correspondentes aos días 6, 11, 20 e 27 de agosto celebraranse nos Xardíns Noriega Varela, mantendo o seu horario habitual.

Ademais, debido á programación das festas patronais, o mercado previsto para o xoves 13 de agosto adiántase ao martes 11 de agosto.

O Concello de Viveiro agradece a comprensión tanto dos vendedores como da veciñanza ante este cambio puntual e anima á cidadanía a seguir apoiando o comercio de proximidade acudindo ao mercado na súa localización provisional.

Etiquetas:
06/03/2026

O Concello de Viveiro anuncia que o mercado semanal que se celebra cada xoves na Praza Maior trasladarase temporalmente aos xardíns Noriega Varela desde o 12 de marzo ata o 9 de abril, ambos os dous días incluídos. “O cambio de localización débese ao inicio dos traballos de mellora e arranxo do pavimento da Praza Maior e das rúas empedradas do casco histórico, actuacións que o Concello ten previsto comezar o luns e que se prolongarán durante varias semanas”, explica o Concello de Viveiro, que engade: “o pavimento desta zona do casco histórico presenta un estado de deterioración acusado, en boa medida como consecuencia do paso continuado de camións e vehículos pesados. Por iso, resulta necesario acometer con carácter de urxencia traballos de mantemento e reparación”.

O Concello de Viveiro agradece “a comprensión da veciñanza e dos usuarios...

leer más