XLVI

28/04/2026

A programación da XLVI Festa da Troita na Pontenova inclúe actividades desde este xoves, día 30 de abril, ata o 2 de maio.

Esta festa está declarada de interese deportivo nacional, mellor evento deportivo 2022 e festa de interese turístico.

As actividades comezarán este xoves, 30 de abril, ás 09:00 horas cunha exhibición a cargo do escultor con motoserra Eugenio Linares. Ás 19:00 horas será a inauguración das novas pedras de honra no Paseo do Pescador; ás 20:30 haberá unha visita ao remodelado Museo da Pesca e novas doazóns; ás 21:00 horas entregaranse os recoñecementos do CIT e farase a imposición das Troitas de Ouro; e ás 21:30 horas terá lugar o pregón a cargo do muralista Diego As. Tamén se fará a apertura da caseta das troitas de Ribeira de Piquín e haberá verbena amenizada pola orquestra Cinema e DJ...

leer más