bebidas
O mércores 6 de maio ás 12:00 horas, na Praza de Abastos de Ribadeo terá lugar a Masterclass Armonía de Viños, impartida polo sumiller Alberto Vega. A actividade enmárcase no Ribadeo Sabe, o renovado concurso gastronómico de tapas, que organizan o Concello e Acisa.
“Trátase dunha actividade especialmente orientada ao sector hostaleiro, concibida como un espazo de formación e intercambio arredor da harmonía entre bebidas e gastronomía. Durante a sesión os asistentes catarán viño branco, viño tinto e diferentes cervexas, e recibirán consellos e orientacións sobre combinacións de sabores con distintas bebidas, co obxectivo de achegar ferramentas útiles para a aplicación práctica na hostalaría e para mellorar a experiencia gastronómica dos clientes”, explican desde a asociación Cociñeiros Lugo. E subliñan que “esta masterclass busca...
leer más



