Alto de Neipín

08/07/2026

O día 18 de xullo, sábado, o Alto de Neipín, no municipio de A Pontenova, acollerá a terceira Rapa das Bestas organizada por Equus Norte.

O Concello de A Pontenova anuncia: “xa está aquí unha das citas máis agardadas do verán! Dous días para gozar da nosa tradición, da gastronomía e do mellor ambiente. O xoves 17 de xullo a partir das 20:00 horas terá lugar a actividade Un gusto de rural, un rural de gusto, degustación gratuíta de mini hamburguesas de cabalo de Pura Raza Galega nos locais colaboradores da vila: Cafetería Casa da Cultura, O Lar de Balbina, Bar Barreiros, Rony Bar e Sidrería A Mina. Ás 00:30 horas, sorteo no Rony Bar entre todas as tarxetas seladas nos establecementos participantes. E o venres 18 de xullo no Alto de Neipín ás 11:30 horas será a entrada do curro; ás 13:30 horas, sesión vermú con DJ Bombardero; e ás...

leer más