Alto da Cadeira
O Concello de Trabada traslada á veciñanza información detallada sobre a eclipse solar total que terá lugar este mércores, 12 de agosto, un fenómeno astronómico excepcional que poderá observarse desde o municipio e que terá a súa fase de totalidade ao redor das 20:28 horas: segundo os datos do Observatorio Astronómico Nacional, en Trabada a eclipse comezará ás 19:31 horas, mentres que o inicio da totalidade está previsto para as 20:27:12 horas. O máximo da eclipse producirase ás 20:28:06 horas, alcanzándose nese momento o 100 % de ocultación do Sol, e a totalidade rematará ás 20:28:54 horas. A eclipse completa finalizará ás 21:21:30 horas, cunha duración total de aproximadamente 1 hora e 50 minutos, mentres que a fase de totalidade terá unha duración de 1 minuto e 46 segundos.
Para facilitar a observación deste fenómeno, o Concello de...
leer másO Concello de Trabada anuncia que Trabadela e o Alto da Cadeira “serán os escenarios dunha intensa fin de semana festiva en Trabada, con actividades que combinarán gastronomía, música, tradición e lecer para todas as idades”.
A programación comezará o venres 7 de agosto ás 21:00 horas coa churrascada de Trabadela, que dará paso a unha verbena amenizada por Ana Sánchez, nunha cita organizada pola comisión de festas.
O sábado 8 de agosto celebrarase unha nova edición da XXIII Xira da Cadeira, “unha das citas máis consolidadas do verán no municipio”. A xornada arrancará ás 10:30 horas coa segunda edición do Campionato de Balinera (carabina), organizado polo Concello de Trabada, cunha inscrición gratuíta e no que as balineras serán facilitadas pola organización. A continuación terá lugar a procesión en honra a San...
leer más




