clase

18/09/2026

A Escola Municipal de Música de Burela acollerá o martes 22 de setembro unha clase maxistral en produción musical, centrada no son, a gravación e a produción musical. A actividade desenvolverase entre as 12:45 e as 14:00 horas nas instalacións da Escola Municipal de Música de Burela e está dirixida ao alumnado da ESO.

Segundo explicou Mario Pillado, tenente de alcaldesa e responsable da Escola de Música, esta iniciativa “permitirá achegar ao alumnado diferentes aspectos relacionados co son e coa produción musical, nunha actividade formativa vinculada ao ámbito da música e da gravación”.

Desde a Escola Municipal de Música de Burela facilítase información sobre a actividade nos teléfonos 982.879.483 e 982.580.720, así como no enderezo electrónico escolademusica@burela.org...