cognitiva
O Concello de Barreiros pon en marcha unha nova edición do programa de talleres lúdicos de estimulación cognitiva dirixido á veciñanza maior de 65 anos, ás persoas xubiladas maiores de 60 anos e ás persoas con discapacidade, que comezará en novembro.
“É un espazo para exercitar a memoria, a atención, a concentración e a creatividade, favorecer as relacións sociais e compartir experiencias, aprendendo e desfrutando en compañía”, explica o Concello de Barreiros, que ademais anuncia que as preinscricións para novas incorporacións deben facerse do 21 ao 30 de outubro nas Oficinas Xerais do Concello. E as persoas participantes na edición anterior contan coa reserva automática da súa praza ata o 13 de novembro.
A actividade terá unha taxa anual de 10 euros e cada grupo contará cun máximo de 25 participantes.



