O Viveiró
O Viveiró acolle este sábado, 21 de novembro, a décimo primeira edición da Feira do Mel de Montaña, organizada polo Concello de Muras coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo
A feira, que abrirá ás 11.00 horas na Praza do Viveiró, contará con postos de venda de mel e doutros produtos de temporada e proximidade, entre eles sete postos de apicultores e apicultoras de Muras e da contorna.
A Vicepresidencia da Deputación destaca que “a calidade do mel das producións locais valorarase na tradicional cata, na que se elixirán as mellores colleitas da comarca. Tamén se ofrecerán charlas divulgativas sobre o control da varroa e sobre as axudas e subvencións para o sector apícola”.
O recinto estará animado durante toda a xornada, cunha demostración de cociña a cargo de Cris Tizón...
leer más



