ASPROMOR
Viveiro acolleu a presentación do musical Alicia no País das Marabillas, unha proposta de teatro inclusivo protagonizada por máis de 30 actores e actrices con discapacidade intelectual da asociación ASPROMOR, que chegará ao Teatro Pastor Díaz este sábado, 28 de novembro, ás 20:00 horas.
Na presentación participaron a alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde; a xerente de ASPROMOR, Araceli Blanco; o director do espectáculo, Quico Bouza; así como representantes e persoas usuarias da entidade que forman parte do elenco.
A representación enmárcase na conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que se celebra o 3 de decembro.
“Dirixido e guionizado por Quico Bouza, o musical ofrece unha particular versión da coñecida historia de Alicia, trasladando a acción a...
leer más



