Terras de Lourenzá realizará a segunda etapa do Camiño Norte entre Vilamartín Pequeno e Arroxo o vindeiro 13 de febreiro.

Terras de Lourenzá realizará a segunda etapa do Camiño Norte entre Vilamartín Pequeno e Arroxo o vindeiro 13 de febreiro.
 
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá prepara a segunda etapa do Camiño Norte que celebrará o vindeiro día 13 deste mes de febrerio.
 
Nesa xornada os participantes percorrerán o tramo entre Villamartín Pequeno e o lugar de Arroxo en Lourenzá que ten unha distancia de quince quilómetros e cun grado de dificultade baixo.
 
A saída será ás oito e media da mañá do Cantón de Vilanova en Lourenzá e ao remate da ruta haberá un xantar no recinto do Mercado de Lourenzá xunto á Asociación Pasada das Cabras.
 
As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición antes das dúas do mediodía do vindeiro xoves, día 11. Poden facelo a través do correo electrónico terrasdelourenza@gmail.com ou nos teléfonos 669 68 59 02 e 636 49 64 48.
 
O prezo para participar nesta actividade é de 20 euros para os socios e 25 para aqueles que non o sexan.