"Traballo con mans de muller" é o título do Concurso de Fotografía que convoca o Concello de Viveiro. O prazo de presentación de traballos remata o 1 de marzo.

"Traballo con mans de muller" é o título do Concurso de Fotografía que convoca o Concello de Viveiro. O prazo de presentación de traballos remata o 1 de marzo.
 
O Concello de Viveiro convoca un concurso de fotografía sobre “Traballo con mans de muller” de acordo coas seguintes bases:
1ª.- O concurso estará aberto a fotógrafos/as aficionados, non profesionais, que desexen participar e sexan maiores de idade .
2ª.- As obras deberán ser orixinais. Non se aceptarán reproducións nin obras que amosen lendas ou marcas que podan interpretarse, a xuizo do xurado, como publicidade. Tampouco se admitirán fotografías que foran acreedoras de distincións ou premios en outros certames.
3ª.- O tema das fotografías deber ser a Muller e o Traballo en calquera ámbito (público ou privado), para visibilizar o papel feminino en todos os sectores da nosa sociedade.
4ª.- Presentación de UNHA OBRA por persoa participante, en formato dixital, cunha resolución mínima de 2480x1754 e 150 ppp, aínda que o tamaño ideal sería 4961x3508 e 300 ppp.
5ª.- As obras deberán presentarse nun sobre pechado consignando no seu exterior “I Concurso de fotografía Traballo con mans de Muller”, acompañado da seguinte documentación: ficha de inscrición-autoría cos datos persoais do autor ou autora (nome completo, dirección e teléfono) e CD que conteña as imaxes dixitais..
6ª.- Os traballos deberán presentarse ou dirixirse ó Centro de Información á Muller de Viveiro (Avda. Cervantes S/N – Claustros San Francisco 27850 VIVEIRO)
7ª.- O prazo de recepción de orixinais no CIM empezará a partir do día seguinte ao da publicación das presentes bases no taboleiro de edictos do Concello de Viveiro e finalizará o martes 1 de marzo de 2016.
8ª.- Establécense os seguintes premios:
- 1º premio: 150 €
- 2º premio: 50 €
- 3º premio: 50 €
9ª.- O xurado estará composto por un grupo de persoas relacionadas coa área de cultura e profesionais da fotografía, que valorarán o día 8 de marzo de 2016 os traballos presentados, tendo en conta a calidade artística dos mesmos.
10ª.- Con motivo do Dia Internacional da Muller Traballadora (8 de marzo) o Concello de Viveiro montará unha Exposición coas obras presentadas e, no momento da clausura de dita Exposición, darase a coñecer a obra gañadora.
11ª.- As imaxes premiadas quedarán en propiedade do Concello de Viveiro, que poderá facer uso das mesmas para a súa publicación.
As outras obras presentadas quedarán custodiadas no CIM e os seus autores e autoras poderán solicitar a súa devolución.
12ª.- “O autor deberá contar coa autorización das persoas fotografadas, así como dos dereitos de terceiros, e autoriza ao Concello de Viveiro para a exposición, publicación e difusión da súa obra (sempre mencionando ao autor) sen limitacións temporais, xeográficas ou de medios. 
A organización declina toda responsabilidade que puidera derivar da non obtención dos permisos e autorizacións correspondentes.”
13ª.- A organización reservarase o dereito de facer as modificacións oportunas que poidan contribuír ao mellor desenvolvemento do concurso.
14ª.- A participación neste concurso supón a aceptación das presentes bases, das decisións do xurado, e a renuncia a calquera reclamación. O xurado poderá deixar deserto o premio se o considerase oportuno.