Viveiro lembrará a Rosalía de Castro o 24 de febreiro cunha charla, con música e coa lectura de poemas da escritora.

Viveiro lembrará a Rosalía de Castro o 24 de febreiro cunha charla, con música e coa lectura de poemas da escritora.
 
O día 24 de febreiro, con motivo da celebración do Día de Rosalía de Castro, o Concello de Viveiro, a través da súa Concellaría de Cultura, Muller e Xuventude, organizará un acto para conmemorar esta data. 
 
O acto, que terá lugar no sala multiusos da Casa do Concello, ás 20.30 horas, iniciarase cunha charla a cargo de Sabela Barcón, profesora do IES María Sarmiento, que versará sobre a vida de Rosalía de Castro. 
 
A continuación, terá lugar unha pequena actuación de poesía e música, na que David Bellas, artista, músico e profesor do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, interpretará diversas pezas musicais e na que se lerán poemas da escritora.
 
Así mesmo, ao longo de todo o día, na Biblioteca Municipal repartiranse marcapáxinas cunha fotografía e poema de Rosalía de Castro.