Volve a Barreiros "Ponlle as pilas ao teu bocata". Será o 12 de agosto ás 11:30 horas no pavillón municipal. É necesario inscribirse.

Volve a Barreiros "Ponlle as pilas ao teu bocata". Será o 12 de agosto ás 11:30 horas no pavillón municipal. É necesario inscribirse.
 
O Concello de Barreiros ten aberto ata este venres, 7 de agosto, o prazo de inscrición na actividade Ponlle as pilas ao teu bocata, que busca promover as virtudes das conservas de produtos do mar e aos seus beneficios nutritivos. Os interesados poden anotarse na oficina de Turismo do Concello. 
A actividade está organizada polo Concello en colaboración coas Consellerías de Medio Rural e Mar, Cultura, Educación e Sanidade, así como por Anfaco-Cecopesca e levarase a cabo o 12 de agosto ás 11.30 horas no pavillón municipal de San Cosme de Barreiros.
A campaña vai dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos e afondará nos seus coñecementos sobre o mundo do mar, das conservas e das súas posibilidades alimenticias, pero tamén contempla actividades lúdicas como obradoiros, xogos e elaboración de bocatas a base de conservas.