A Biblioteca Municipal de Ourol acollerá o 27 de outubro o primeiro obradoiro de saúde e exercicio, que se centrará no coidado da espalda infantil.

A Biblioteca Municipal de Ourol acollerá o 27 de outubro o primeiro obradoiro de saúde e exercicio, que se centrará no coidado da espalda infantil.
 
A Biblioteca Municipal e o Centro de Fisioterapia de Ourol van levar a cabo unha serie de obradoiros coa finalidade de educar aos nenos/as en hábitos de vida máis saudables e diminuír a dor de espalda entre a comunidade escolar.
 
Entre os obxectivos figuran coidar a nosa espalda, ensinar hábitos saudables, coñecer a importancia do exercicio físico e corrixir os erros máis común.
 
Os destinatarios son país e nais e nenos/as de entre 0 e 12 anos. A inscrición ata o 26 de outubro, pode realizarse na Casa da Cultura ou no número de teléfono 982 55 90 19.
 
O primeiro obradoiro de saúde e exercicio, que estará centrado no coidado da espalda infantil, será impartido por Víctor Rodeiro López, fisioterapeuta do Centro de Fisioterapia de Ourol, e terá lugar o 27 de outubro na Biblioteca Municipal de Ourol entre as 17:30 e as 19:00 horas.