Cine
A Casa da Cultura de Burela acollerá este venres, 1 de decembro, ás 20:30 horas a proxección do filme animado “Bella e o circo máxico”, para todos os públicos.
Forma parte da iniciativa Cine na Rúa, da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, e a entrada será de balde.
A localidade de Xove acollerá o vindeiro venres 1 de decembro a proxección do documental 'Xove, Democracia Nuclear'. Este traballo xornalístico está dirixido polo xornalista leonés Pedro Lechuga Mallo, quen contou coa colaboración da Asociación de Prensa de Lugo para a súa gravación. Este documental recupera a través dos medios de comunicación en novembro de 1973 as historias vividas na Mariña cando foi público o proxecto de construción dunha central nuclear en Xove. Recollen os testemuños de quince persoas vinculadas á mobilización, veciños e persoas relacionadas co nacionalismo, o Sindicato Labrego Galego, xornalistas e profesores, ademais do entón alcalde de Xove, Jesús López González.
A proxección terá lugar a partir das 20:00 horas no salón de actos do Centro Cívico, sendo a entrada gratuíta até completar aforo. Este evento é posible...
leer másO documental titulado “Xove, democracia nuclear” proxectarase en Ferreira do Valadouro este sábado, 25 de novembro, ás 19:00 horas. Será no salón de actos da Casa da Cultura do Valadouro, con entrada de balde.
Este documental, de Pedro Lechuga Mallo, forma parte do proxecto a nivel nacional denominado Democracia Nuclear, que ten como obxectivo recuperar as historias das diferentes mobilizacións antinucleares xurdidas en España nos anos setenta.
No salón de actos da Confraría de Pescadores de Burela presentouse o documental “A Festa do Carme nos portos da Mariña de Lugo”.
A Federación de Confrarías de Pescadores de Lugo levou a cabo este proxecto grazas ao convenio suscrito coa Consellería do Mar da Xunta de Galicia, no que se fai un percorrido pola historia das celebracións que se dedican á Virxe dos Mares desde as confrarías da costa de Lugo: procesións, misas, tallas, ofrendas florais e mesmo ofrendas submarinas.
O presidente da Federación de Confrarías de Pescadores de Lugo, Basilio Otero, acompañado da xefa territorial da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, Mariña Gueimunde, e da alcaldesa de Burela, Carmela López; presentaron o documental, que ao longo duns 40 minutos repasa a historia, o pasado e o presente destas celebracións de fondo...
leer másO obxectivo destas colaboracións é poñer en valor “o cine”, un sector tan sumamente castigado nos últimos tempos e que non podemos permitir que desapareza o único que queda en Viveiro. Por este motivo, o CCHV, a Asociación Prato-Do co seu proxecto Viveiro Sostible e Cines Viveiro continúan a sumar forzas para fomentar e apoiar a cultura cinematográfica nos mais novos.
Estas asociacións explican que "o ano pasado iniciamos este tipo de colaboracións, no que se ofrecían descontos en forma de vales para animar ós pais e nenos a ir ó cine e a iniciativa foi moi ben acollida. Para esta fin de semana, poremos en marcha de novo esta iniciativa para achegar o cine a tódolos pequenos. Consiste nun vale desconto de 2€ para o sábado 18 ou o domingo 19 de novembrocon 3 películasde animación e aventurasa elexir,“Trolls 3, “La Patrulla Canina” y “Una...
leer másCon motivo da conmemoración do 25N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia da Muller, o Concello de Trabada programa a proxección da película "Custodia compartida" o día 25 de novembro, sábado, ás 18 horas na Casa da Cultura.
Este filme é “unha mostra da dor que sofren moitas mulleres e moitas familias, pola violencia machista que padecen nas casas, situacións que se dan en todas partes e que condicionan o resto da vida, por iso é imprescindible sensibilizar e visibilizar esta lacra porque como ocorre con todo aquilo que no se nomea ou non se recoñece, parece que non exista e desgraciadamente os datos reais non deixan de aumentar cada ano”.
CARTELERA DE CINES VIVEIRO HASTA EL 16 DE NOVIEMBRE
1 THE MARVELS DIGITA L 2D DOBLADA CASTELLANO V 21:00
1 THE MARVELS DIGITA L 2D DOBLADA CASTELLANO S 19:30 22:00
1 THE MARVELS DIGITA L 2D DOBLADA CASTELLANO D 17:30 20:15
2 FIVE NIGHTS AT FREDDY'S DIGITA L 2D DOBLADA CASTELLANO V 21:00
2 FIVE NIGHTS AT FREDDY'S DIGITA L 2D DOBLADA CASTELLANO S 19:15 22:00
2 FIVE NIGHTS AT FREDDY'S DIGITA L 2D DOBLADA CASTELLANO D 17:30 20:15
3 ALIMAÑAS DIGITA L 2D ORIGINAL CASTELLANO V 21:00
3 ALIMAÑAS DIGITA L 2D ORIGINAL CASTELLANO S 22:00
3 ALIMAÑAS DIGITA L 2D ORIGINAL CASTELLANO D 20:30
3 TROLLS 3: TODOS JUNTOS DIGITA L 2D DOBLADA CASTELLANO S 19:00
3 TROLLS 3: TODOS JUNTOS DIGITA L 2D DOBLADA CASTELLANO D 17:30