Cine

Etiquetas:
30/06/2021
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo promove proxeccións na rúa da película “Cuñados” en doce concellos. Lourenzá, Mondoñedo, Outeiro de Rei, Pantón, Láncara, Taboada, Cervantes, Carballedo, Palas de Rei, Castroverde, A Pastoriza e Muras acollerán as sesións de cine ao aire libre, organizadas coa colaboración de distintas asociacións.
 
“Desde a área de Cultura apostamos polo cine na rúa e polo audiovisual galego e en galego, como fixemos o ano pasado con Mariña Soliña, ao tempo que contribuímos a ampliar a oferta cultural dos concellos nos meses de verán”, expuxo a vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, na presentación do ciclo, acompañada por Alfonso Pérez Montaña, director de negocio de Portocabo -produtora do filme – e de Xoán Mariño, de Cine na rúa, que se encargará da loxística...
leer más
20/06/2021

O Concello de Viveiro organiza unha actividade en torno á figura de Xela Arias, homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.

O acto terá lugar o vindeiro domingo, 27 de xuño, ás 19:00 e ás 20:00 horas na sala multiusos do Concello de Viveiro e consistirá na proxección do documental de Beatriz Pereira titulado "Xela Arias, poeta nas marxes".

Ao remate haberá un coloquio que contará coa intervención da propia Beatriz Pereira e con Daniel Chapela.

A reserva de entradas pódese facer no teléfono 982 560 162 ou no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es . A capacidade será limitada.

Colaboran na organización do evento: Xunta de Galicia e Xacobeo 21-22.

Etiquetas:
18/06/2021

O Teatro de Ribadeo e o Círculo Habanero da Devesa acollerán esta fin de semana dous concertos audiovisuais. Enmárcanse no proxecto Versión Fin, grazas ao que se recuperaron antigas cintas de celuloide que agora toman vida xunto á música. Cada espectáculo, baseado na improvisación, será único. 

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, anunciou que “Versión Fin, o concerto audiovisual de Iván Torres, chegará a catro lugares emblemáticos do concello este verán. Primeiro, ao Cine Teatro, a orixe de todo o traballo de investigación e creación, e despois ao Círculo Habanero da Devesa. Máis adiante ao peirao de Rinlo e a novidade represéntaa o Pazo de Cedofeita, un lugar privado que os donos poñen a disposición desta iniciativa cultural do Concello”.

A edil sinalou que “a reintepretación, mediante técnicas de degradación...

leer más
Etiquetas:
05/06/2021

O Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza para o mes de xuño a actividade Mulleres no Mundo. Dereitos sexuais e reprodutivos. Trátase da proxección de tres documentais que achegan á cidadanía mariñá a realidade vital de mulleres moi diversas e interpélannos a participar activamente nun debate que transcende fronteiras, crenzas e clases sociais nun momento no que os dereitos das mulleres vense ameazados en diversas partes do mundo. Despois dunha breve presentación e contextualización do documental procederemos á súa visualización. A continuación, realizarase un coloquio e reflexión sobre diferentes aspectos abordados en cada documental.

Comeza o día 11 de xuño co documental “Que sea ley” (2019). Móstranos as protestas convocadas por Marea Verde, movemento que impulsou a milleiros de mulleres a saír ás rúas e esixir...

leer más
Etiquetas:
03/06/2021

Este venres, 4 de xuño, ás 20:30 horas nos Cines de Ribadeo proxectarase a película Nación. O prezo da entrada é de 6 euros.

É unha película dirixida por Margarita Ledo Andión, que recibiu o Premio do Festival de Cine de Sevilla á Mellor Dirección, e que conta a historia da loita sindical das mulleres da fábrica A Pontesa.

E o domingo, 6 de xuño, o grupo Chévere Teatro porá en escena a obra As fillas bravas e o mito de Casandra. A representación terá lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo ás 20:30 horas.

 

Etiquetas:
30/04/2021

O Concello de O Valadouro colabora na organización dun casting para seleccionar actores de O Valadouro, Alfoz e Ourol para un filme que se rodará na Serra do Xistral.

Os perfís que se buscan son dous homes de entre 35 e 45 anos e un home entre 45 e 60 anos. Non é necesaria experiencia previa na interpretación, requírese estar libre durante dez días para a rodaxe, nos meses de novembro e decembro deste 2021, e para os ensaios. A participación no filme será remunerada.

Para participar é preciso inscribirse antes do venres, 7 de maio, en probascine@gmail.com ou por whatsapp no teléfono 633 61 64 99, indicando os datos de contacto e adxuntando unha foto recente.

O casting realizarase tomando todas as medidas hixiénicas pertinentes e terá lugar o...

leer más
27/04/2021

Los organizadores señalan “qué mejor manera de sobrellevar este nuevo año sin festival que con la parte documental de nuestro Resurrection Fest Estrella Galicia Online. El próximo jueves, 29 de abril, a las 22:00 y por petición popular subiremos un vídeo con todo el documental "Resurrection Fest: la historia (2006-2020)", editado especialmente para poder ver todo su contenido de manera continua. Es algo que venís reclamando desde Resurrection Fest Online, y por fin lo podréis ver con calma en vuestras casas”.

El documental incluye:

-La historia de cómo se creó el festival contada por sus propios creadores.
-Un recorrido por la edición de cada año hasta 2020
-Declaraciones de los artistas que han pasado por Resurrection Fest.

Y añaden: “una mirada a la historia de Resurrection...

leer más
18/04/2021

O vindeiro venres, 23 de abril, ás 19:30 horas terá lugar no Auditorio Municipal de Mondoñedo, na Praza Jaime Cabot, a proxección da curtametraxe “Mondoñedo” na que participa xente do concello e que conta a historia dunha muller nacida na emigración que volta a Mondoñedo a buscar as súas raíces. 

Para a asistir é preciso levar cascos para o audio. Vaise emitir a través dun sistema de son dixital innovador onde a son ten tanto peso coma a imaxe.

As persoas interesadas en asistir poden anotarse a partir de luns, día 19, no telefono 982 52.40.03, xa que o acto ten prazas limitadas. A actividade realizarase contemplando as medidas anti-covid 19 vixentes no momento actual.

A actividade está organizada polo Concello de Mondoñedo.

 

01/04/2021

O Concello de Mondoñedo inmortaliza nun vídeo (https://youtu.be/aCnG5ZOUEb0) a Semana Santa do 2021 marcada pola situación sanitaria derivada da pandemia da covid-19. A creación audiovisual da a coñecer as imaxes máis importantes da Semana Santa mindoniense, de interese turístico, que se concentran este ano no interior da Catedral de Mondoñedo.

“Trátase dunha exposición única, nunca vista, nun entorno tamén único como é a Catedral de Mondoñedo, declarada Monumento Nacional en 1902 e Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no 2015”, segundo destacan dende o goberno local.

A peza audiovisual de pouco máis de 3 minutos e medio comeza ensinando as tres obras escultóricas de Raimundo Rubal que adornan a entrada da Catedral de Mondoñedo.

Xa no interior, o...

leer más
31/03/2021

Os promotores desta iniciativa explican que "galerna (RAG) é un vento moi forte de entre oeste e noreste que ocasiona fortes temporais na costa do Cantábrico”. 

O 12 de xullo do 2021 cúmprense 60 anos dunha traxedia que asolou á comarca e moitos outros pobos mariñeiros do litoral cantábrico.

A frota boniteira metida de cheo en campaña, atopouse no medio dun temporal inesperado e dunha dureza extraordinaria e mortal. Ao longo de case tres días, barcos e homes loitaron por sobrevivir. Algúns conseguírono. Outros non.

Oitenta e tres homes perderon a vida e os que conseguiron volver gardan un recordo inesquecible daqueles días nos que houbo que agarrarse á vida por un pelo.

Este documental é unha pequena homenaxe a toda esa xente, familiares e veciñanza que dun xeito...

leer más