Amor

Etiquetas:
01/02/2016
O Concello de Cervo convoca un concurso para conmemorar o día dos namorados. Os traballos poden facerse co material e no formato que elixan os participantes.
 
O Concello de Cervo convoca un concurso co título "Un orixinal por amor" con motivo da celebración do Día dos Namorados. Os traballos poden elaborarse co material e no formato que elixan os participantes.
 
As bases indican que o tema xenérico é “amor orixinal” e que se valorará moi positivamente a orixinalidade e o sentimento á hora de reflectir un sentimento por outra persoa. Establécense dúas categorías: unha para rapaces de 14 a 17 anos de idade e a outra para maiores de 18 anos.
 
Tamén se especifica nas bases que “os traballos serán co material e formato que se queira, sempre que sexan orixinais e sorprendan, onde se reflicta unha mensaxe de amor de...
leer más
Etiquetas:
30/01/2016
A Biblioteca Municipal de Foz convoca o XV Certame de Poemas de Amor. O prazo para entregar os traballos remata o 25 de febreiro.
 
A biblioteca pública municipal de Foz convoca o XV Certame de Poemas de Amor, que é o máis antigo da comarca. O prazo para entregar os traballos rematará o día 25 de febreiro. Anunciouno a concelleira de Cultura, Silvia Blach Cuesta.
“Quince anos convocando este certame polo que pasaron gañadores de diferentes puntos de Galicia: de Brión, Montefurado, Ferrol e, como non, tamén da comarca mariñá. É para todas idades, sendo o participante máis novo unha nena de 6 anos e o maior un home de 80 anos. Animamos á que participen e os interesados poden encontrar as bases na web do Concello de Foz ou poñéndose en contacto coa biblioteca pública. Hai que agradecer especialmente a Construcciones y Canalizaciones Saa e ao restaurante O Lar de Bustos, que este ano patrocinan uns bos...
leer más
Etiquetas:
27/01/2016
Galería Terra Branca, de Ribadeo, organiza el 2º Concurso de Cartas de Amor para celebrar San Valentín. La ganadora recibirá una figura del ceramista Otero Regal.
 
Galería Terra Branca organiza el 2 º Concurso de Cartas de Amor. Su propietario, José Ramón Leal Segura, señala que “aquellas personas que deseen participar solo tienen que escribir una romántica, peculiar o divertida carta de amor. La obra debe ser obligatoriamente un original de su autor. Puede estar redactada en gallego o castellano”. Será un jurado el que elija la carta ganadora. Estará formado por Mini López-Santos Santiago y por José Ramón Leal Segura, que contarán con el asesoramiento profesional del poeta Paco Rivas. El propietario de Terra Branca explica que “la carta ganadora será leída en Radio Foz y publicada en las redes sociales más importantes”. 
El premio que se llevará la carta ganadora será una magnífica figura del ceramista Otero Regal.
... leer más
Etiquetas:
04/02/2015
O Concello de Lourenzá organiza un concurso de dedicatorias de amor para celebrar San Valentín a través da páxina de facebook da Biblioteca Municipal.
 
O Concello de Lourenzá organiza un concurso de dedicatorias de amor para celebrar San Valentín a través da recentemente creada páxina de facebook da biblioteca pública municipal.
O promotor desta iniciativa é o dinamizador TIC no Concello de Lourenzá, Javier Reigosa Fernández, dentro do proxecto Innova-TE 2 da Deputación de Lugo. Explicou que “no Concello de Lourenzá non había páxina de facebook propio da biblioteca, entón créamola e para fomentar o uso desta páxina convocamos vía facebook para que a xente poña no muro unhas dedicatorias con motivo de San Valentín utilizando uns personaxes típicos de Lourenzá como son os Cocos. Trátase de que os rapaces se metan na pel do Coco e lle manden unha dedicatoria á Coca e que as rapazas se metan na pel da Coca e lle manden unha...
leer más