Basílica

Etiquetas:
01/06/2016
Ata o 30 de setembro amplíase o horario de apertura ao público da Basílica de San Martiño. O Concello agarda que se superen as dez mil visitas rexistradas o ano pasado.
 
O horario de apertura ao público da basílica de San Martiño amplíase dende hoxe ata o día 30 de setembro. Anunciouno a concelleira de Cultura focense, Silvia Blach Cuesta, quen espera que se superen as máis de 10.000 visitas que se rexistraron no monumento durante o verán do ano pasado.
 
Silvia Blach explicou que na basílica de San Martiño “modifícase o horario de visitas dende hoxe, día 1 de xuño, ata o 30 de setembro, para ampliar o tempo de apertura. Nesta época poderán facer as súas visitas de martes a sábado de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. O domingo estará aberta de 11:00 a 15:00 horas, pechando ese día pola tarde e o luns durante todo o día. Tamén está previsto o peche os días 16 de xullo, 10 e 27 de agosto, por ser...
leer más