Cantos

Etiquetas:
27/04/2016
Os Cantos de Taberna e a tapa do mercado son algunhas das novidades do XI Ribadeo de tapeo, que terá lugar do 21 ao 29 de maio.
 
A décimo primeira edición do Ribadeo de tapeo, que organiza o Concello, terá lugar do 21 ao 29 de maio. Serán medio cento de establecementos hostaleiros os que ofrezan as súas creacións durante eses días, segundo deu a coñecer esta mañá a concelleira de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio, Ana Martínez. Unha das novidades deste 2016 serán os Cantos de Taberna e outra a elaboración da tapa do mercado, que se poderá degustar de balde na praza de abastos os dous sábados do Ribadeo de tapeo. 
 
A edil nacionalista dixo que “Ribadeo de Tapeo, un evento organizado polo Concello de Ribadeo, cumpre xa 11 anos de vida. É un dos concursos máis antigos de Galicia e ano tras ano ven colleitando cada vez máis éxito tanto entre o público...
leer más
Etiquetas:
13/01/2015
O Concello de Foz ten aberto ata o día 19 deste mes o prazo de inscrición para participar no Certame Cantos de Taberna que se celebrará durante a XII Festa do Berberecho.

 

O Concello de Foz abriu o prazo de inscrición para os grupos interesados en participar na terceira edición do Certame de Cantos de Taberna, que se celebrará o día 24 deste mes, sábado, con motivo da XII Festa do Berberecho. Os locais hostaleiros que queiran acoller esta actividade tamén teñen que apuntarse. As inscricións deben facerse na Casa da Cultura focense ou chamando ao teléfono 982.140.675. O prazo rematará o vindeiro luns, día 19.

O concelleiro de Mar, Pedro Fernández Manín, anima aos focenses a formar grupos para participar neste Certame de Cantos de Taberna, como fixeron nas anteriores edicións da Festa do Berberecho, para contribuír á animación do festexo. Este evento gastronómico, que se celebrará do 23 ao 25 deste mes, será pregoado polo xefe do departamento de Cociña...

leer más