Cervo
O concello de Cervo será o escenario da II Carreira Popular Sanci 5 KM o día 25 de agosto, domingo, a partir das 11:00 horas e terá como punto neurálxico a Praza dos Campos, en San Ciprián, onde se situará a saída e a meta do evento. A cita deportiva está organizada polo Club Maderas Barcia Cervo coa colaboración do Concello de Cervo.
Tal e como explicaron desde a organización, a inscrición permanecerá aberta ata o próximo 18 de agosto a través da ligazón https://xn--tourmaria-s6a.com/es/web/inscripcion/2793/?r=1.
Ademais da carreira de adultos, tamén establecerán percorridos alternativos adaptados ás crianzas,...
leer másEl Concello de Cervo anuncia la presentación del libro titulado "Una tumba junto al mar", de Javier Bolado. El acto será este jueves, día 8 de agosto, a las 20:00 horas en la Casa da Cultura de San Ciprián.
O Concello de Cervo prepara xunto á Federación Galega de Atletismo e Xunta de Galicia o I Desafío Concello de Cervo para o vindeiro día 14 de agosto, mércores.
A Federación Galega de Atletismo anuncia que “desde as 17.00 e ata 20:00 horas poderemos disfrutar dunha gran xornada atlética, na que entre outras estrelas xa ten confirmada a súa asistencia Adrián Ben. As inscricións serán de balde e realizaranse a través da web...
leer másO Concello de Cervo organiza a XXXVII edición da Festa da Maruxaina, que se celebrará o sábado 10 de agosto. A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, os concelleiros Mali Méndez, Alfredo Fernández e Adrián Arias, e por unha representación da asociación Amigos da Maruxaina, que se encarga da pre-maruxaina, e tamén do xuízo a medianoite, e representantes da asociación a Anxuela, nunha festa na que tamén colaboran Mar de San Ciprián, que organizará os Xogos Populares na Praia, e Mulleres de San Ciprián, que colabora na venta das tazas e das camisetas personalizadas na caseta que se instalará na Praza dos Campos.
Ese día 10 serán os actos centrais, pero xa o venres terá lugar a Pre-Maruxaina co gran chupinazo ás 19:00 horas na Praza Nardo Martínez, seguido da concentración de Maruxainos e Maruxainas, onde haberá degustación...
leer másO concello de Cervo ten na tardiña deste sábado, 3 de agosto, unha cita co mundo do motor. Así de 18:30 a 19:30 horas terá lugar unha exhibición de coches clásicos na zona do peirao de San Ciprián e na subida ao Faro, organizada por Autoclásico da Mariña Lucense, coa colaboración do Concello, na que participarán máis de medio cento de vehículos antigos das décadas dos 60, 70 e 80.
O Concello de Cervo anuncia que “na concentración tamén participará Santi Martínez, experto neste mundo que publica contidos na súa canle especializada de Youtube “Documentos del Motor”, e que asistirá á cita a bordo do seu Citröen CX GTI, un modelo que este ano celebra o seu 50 aniversario. Como curiosidade, as persoas que se acheguen esa tarde ata o peirao poderán ver un Renault Gordini, coñecido como o coche das viúvas, porque tal e como contan, a súa...
leer másO Concello de Cervo anuncia que este venres, día 2 de agosto, será inaugurada a exposición de pintura titulada Espazos Habitados, de Blanca Dacal. O acto está previsto para as 19:00 horas na sala de mostras da Casa da Cultura, en San Ciprián.
Espazos Habitados é o título elixido para a exposición que “é unha viaxe de 25 anos a través da cor polos lugares non que viviu, sentiu e desenvolveu a autora a súa obra pictórica, A Alcarria, Madrid, Cádiz, Bos Aires, A Coruña, Xixón e San Ciprián. Son cadros que, resistindo a 15 mudanzas e reubicacións, mantivéronse decorando e creando espazos. Estas pinturas son testemuñas, compañeiras, reflexos de miradas, paseos, sonos, achados, partícipes de familia, amigas, amigos, vínculos, chanzos e moitas veces só presenza de espazos”.
O programa da TVG Aquí Galicia achégase a Cervo o día 1 de agosto, xoves, ás 16:30 horas na Praza do Souto, para facer un vídeo musical, que se emitirá nun programa especial pola Maruxaina.
O Concello de Cervo anuncia: “con nós estará a recanteira Miriam Cea para interpretar Ajárrate, de Mercedes Peón. Queremos crear un gran pasarrúas ao son desta canción. A convocatoria é para toda a veciñanza de Cervo, que se acheguen representando ás asociacións, clubs deportivos, agrupacións e demais veciños/as de tódalas idades”.
O Concello de Cervo anuncia que a piscina de Río Cobo “será o escenario dunha divertida actividade acuática con motivo da Festa da Maruxaina:
Experiencia Sereas e Tritóns”. Esta actividade será o xoves 8 de agosto e está destinada a crianzas de 6 a 13 anos.
Está organizada pola Federación Española de Actividades Subacuáticas, coa colaboración do Concello de Cervo.
As persoas interesadas en máis información sobre esta actividade poden contactar coa organización a través do teléfono 629.08.35.48.
O Festival Folklórico Internacional de San Ciprián, organizado polo grupo folklórico Mistura e o Concello de Cervo, celebrarase o día 2 de agosto, venres, a partir das 20:00 horas.
O grupo Mistura anima a “vivir una experiencia cultural única e inolvidable con grupos de 3 continentes: Grupo Folklórico Naz, de Kazajistán; Compañía Nacional de México; Grupo Coros y Danzas San Antón de la Peña, de La Zaranda (Murcia) y Grupo Folklórico Mistura, de San Ciprián”.
Durante o festival haberá venda de bolos preñados e empanadas e ao final sortearanse 500 euros.
Cervo será o escenario da XVII Festa do Ovo Frito o mércores 14 de agosto. A cita está organizada polos colectivos Airiños do Xunco e Cabaleiros da Bidueira, coa colaboración do Concello, e foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, a concelleira Mali Méndez, o edil Alfredo Fernández e unha representación destas dúas asociacións que se encargan desta tradicional cita do verán cervense, que “cada ano reúne a milleiros de persoas que se achegan ata as inmediacións da Praza do Souto para degustar este manxar”.
Desde a organización precisan que se comezarán a servir as racións de ovos, patacas, chourizo, pan e bebida a partir das 20:00 horas, a un prezo de 7 euros.
A cita estará amenizada pola Charanga Europa e pola Disco Móbil Conxuro e teñen previstos 8.000 ovos e 4.000 chourizos, que se prepararán en...
leer más












